“Chisqueiros e pastillas de acendido para queimar os montes”. Antón Luaces

28 Agosto 2022

Sendo presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne e conselleiro de Agricultura José Manuel Romay Beccaría, moi poucas voces avaliaron favorablemente as de aqueles que afirmaban que a maioría dos lumes forestais que se rexistraban en Galicia eran provocados. Moitos dos que negaban esa intencionalidade coincidían no feito de xustificar os lumes pola presenza en Galicia como responsable da Xunta dun antigo ministro de Franco.

Mesmo cando se dera a coñecer o uso para eses mesteres incendiarios de artefactos que se utilizaran ou estaban dispostos a seren utilizados para a queima intencionada dos montes, botouse man do curriculo de Fraga, negándose -negándonos- a aceptar que había galegos que queimaban montes que, cando non tiñan propietario particular, pertencían a comunidades de montes en man común ou eran de responsabilidade pública.

Agora, na parroquia ourensá de Trasalba -tan vencellada á biografía dun dos grandes homes da cultura galega, Otero Pedrayo- un operativo de vixilancia da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO, da Consellería do Medio Rural) após varios días de pescudas solprenderon in fraganti no concello de Amoeiro a unha muller cando se desprazaba polo monte con pastillas de acendido de lume e un chisqueiro, material presuntamente disposto para provocar un incendio forestal.

Segundo informou a Xunta, o operativo de vixilancia establecido polos axentes da UIFO levaba xa varios días en macrha na parroquia de Trasalba, onde se detectara a existencia de actividade incendiaria. Os axentes atoparan  artefactos incendiarios e pastillas de acendido nos sete lume rexistrados na zona dende o pasado 13 de agosto. A superficier afectada por eses sete lumes non chegou a media hectárea grazas á rápida intervención  do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios. A presunta autora destes lumes pasou a disposición xudicial en calidade de investigada.

Ao longo deste verán de 2022, os axentes da UIFO realizaron varias operación. Un deles, no distrito forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño), permitiu atopar un artefacto incendiario e unha cabicha provista dun sistema de ignición, concibida para ser depositada no monte e prender lume de xeito retardado. Noutro lugar (distrito forestal III, Santiago-Meseta Interior) atopáronse papeis de xornais amoreados nl punto de inicio de senllos conatos de incendios, o que avala, segundo a Xunta, a intencionalidade dos lumes ao ser acendidos de xeito premeditado,

Hai abertas outras liñas de investigación que, moi probablemente, van rematar coa detención dos presuntos causantes dos lumes. Para estes prevense penas de cárcere e o pago co seu patrimonio dos gastos da extinción do lume porque, ademáis de danar os montes, poñen en risco a vida das persoas.

Fraga Iribarne xa non é un motivo -nunca debeu ser unha xustificación do lume- e neste momento  o lume segue presente nos montes de Galicia. Os artefactos atopados en poder da muller detida en Trasalba, as evidencias do uso de medios incendiarios para queimar os montes, retrotraen a este cronista a aqueles tempos nos que se falaba en Galicia da intencionalidade na queima de montes culpando aos contrabandistas de tabaco e narcotraficantes para desviar a atención da Garda Civil a lugares que nada tiñan que ver co tabaco e os estupefacientes. Agora son chisqueiros e pantillas que avivan o lume nos montes; tamén outros obxectos que se dí guindan dende avionetas e droms. Son milleiros de hectáreas as queimadas no que vai de verán, e Fraga Iribarne leva anos morto. Non se pode calar o evidente.

Outros artigos

“Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Todos ou ninguén. Non se sabe quen perdeu as eleccións e tampouco se sabe como será o asuntodespois dos pactos, dos acordos, de cumprir e de renunciar. Todo está no aire, aclarando queaqueles, aos que lles gusta non asentar os pés na terra, están de noraboa,...

+

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

Estos días Ribeira esta saliendo en los medios de comunicación, por motivos nefastos, falta de seguridad ciudadana. Decir que no son muchos, son los mismos, muchas veces repetidos, ya que entran en el juzgado y salen antes que la policía. Dicho esto, cuando gentes de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.