Cespón acolle este sábado unha nova xeira de música e folclore tradicional galego

18 Agosto 2022

Este sábado 20 de agosto vaise celebrar en Boiro unha nova edición dos Seráns de Abeloura, un novo encontro de música e cultural tradicional galega no Campo de San Roque, na parroquia de Cespón. A cita incluirá actividades ao longo de toda a xornada do sábado, dende o mediodía cunha sesión vermú a cargo de Os da Boina e Os Centenarios.

A continuación damos conta do programa:

13.00h – Sesión vermú con Os da Boina e Os Centenarios 

14.30h – Xantar popular e romaría de San Roque

19.00h – Seranciño: música tradicional feita polos mais cativos 

20.00h – Serán tradicional 

21.00h – Concerto Marcelo DoBode 

22.30h – Concerto Ailá 

00.00h – A arrancadeira 

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.