“Cando esta guerra remate”. Antón Luaces

04 Agosto 2022

Foi o 1 de abril de 1939 cando a guerra civil española rematou oficialmente. Máis a xulgar polos feitos, a morte de Franco, o retorno á monarquía (parlamentaria), a recuperación da democracia con vixencia de partidos políticos e sindicatos, a oficialidade dunha nación non adscrita a ninguna relixión (outra cousa é o que hai) evidencian que, máis ou menos larvadamente, o enfrontamento entre as dúas Españas existe. Desta vez dialécticamente, pero  existe. Talvez máis fragmentado debido aos postulados políticos dos partidos con representación parlamentaria (estatal ou na comunidade autónoma) ou municipal; pero ahí o está. E non agroma exclusivamente cando se convocan aleccións: latexa no cotián, manifestase por calquera motivo. E sempre hai unha crítica mordaz e partidista para o que o presidente, o alcalde electo, diga nun momento determinado e goberne quen goberne.

Sí, a guerra civil española está por rematar de vez.

Non toda a poboación deste país asume, por bó que sexa, o que o goberno municipal, da Deputación, da Autonomía ou do Estado determina. “En mala hora Fulanito de Tal está a gobernar, canto mellor o facería o do meu partido”, ven ser o comentario desque Adolfo Suárez accedeu democráticamente á presidencia do Goberno e os que sucesivamente o foron facendo despois  (Leopoldo Calvo Sotelo, Felipe González, José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy Brey e, na actualidade, Pedro Sánchez Castejón).

Cando a guerra civil iniciada co levantamento militar do 18 de xullo de 1936 remate de verdade, os sobreviventes non só da guerra -poucos quedan, obviamente- senon  das consecuencias desta (os que tivemos aos nosos pais e nais inmersos na confrontación e que, voluntarios ou forzosos colleron as armas para matar se podían aos que estaban enfronte -azuis contra roxos, fachistas contra roxelios, uns contra outros) é probable que poidamos vivir nun país en paz após unha guerra que, solapadamente, dura en España nada menos que 86 anos. E non só porque nas cunetas, en cimeterios ignorados, en foxas descoñecidas e outras compartidas (como no Val dos Caídos ou Cuelgamuros)  centos ou milleiros de corpos de homes, mulleres, mozos e mesmo nenos,  estean aínda hoxe á espera dun enterro digno  e un recoñecemento efectivo de que a guerra civil española non rematou, como se dí, o 1 de abril de 1939, e que aquí convivimos pero non compartimos. E que as esquerdas son o que sempre foron, ao igual que lles pasa ás dereitas, coa suma de nacionalistas, estremistas de dereitas e de esquerdas, e unha manchea de partidos de distinto signo que non estaban cando a incivil guerra de España e que agora reclaman unha cota de poder que os que sí ficaban na España do 36 non queren perder sabedores de que son as únicas opcións de goberno aínda que fora en coaligación.     

Os nosos avós, os nosos pais, querían confiar no futuro da España da posguerra. Non séi se estarían conformes coa que recibimos após dunha guerra oficialmente rematada e realmente por rematar de vez.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.