Cabo de Cruz acolle este domingo a XXXII edición da Bandeira Concello de Boiro

24 Agosto 2022

Este domingo 29 de agosto vaise celebrar en Cabo de Cruz unha das xornadas da Liga ACT, na que se disputa a XXXII edición da Bandeira Concello de Boiro. Na presentación deste importante evento deportivo participaron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o presidente do Club, Daniel Vázquez.

O campo de regatas que se vai empregar é o habitual, con orientación norte sur en 4 longos. “Dende o club estamos moi satisfeitos cos resultados acadados, quedan dúas regatas e estamos tranquilos en canto á permanencia”, afirmou o presidente do Club, Daniel Vázquez.

“Esta bandeira forma parte do calendario da ACT dende fai 15 tempadas, o que demostra o compromiso e a constancia do club, apostando pola canteira e o deporte base”, explicou a concelleira de Deportes, engadindo o alcalde que esta proba deportiva “é unha das mais importantes das que se celebran no Concello, unha proba deportiva de primeiro nivel na que está representado un club do noso municipio”.

Ao rematar a regata haberá a habitual fan zone con sponsor da Liga ACT e a habitual degustación de bonito. Haberá tamén unha mexilloada para dar a coñecer o produto local e tamén unha paella.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Éxito de participación do obradoiro de pesca submarina de Muros

Este sábado 12 de abril a praia de Somorto en Esteiro (Muros) acolleu o I Taller de Iniciación á Pesca Submarina, impartido por Soraya Hermida e Belén Díaz. A experiencia formativa “contou cunha gran acollida, esgotando todas as prazas disponíbeis, e a xente marchou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...