As Festas da Guadalupe farán vibrar O Barbanza con música, encontros, xogos e homenaxes á Rianxeira

31 Agosto 2022

Rianxo celebrará a súa semana grande das Festas da Guadalupe do 9 ao 16 de setembro. Esta edición virará en torno á conmemoración dos 75 anos da composición de Ondiñas da nosa ría, máis coñecida como A Rianxeira (composta en 1947 e estreada un ano despois polo Coro Castelao en Bos Aires, con estrea oficial en 1950; Xesús Frieiro Dourado foi o autor da letra e a música veu da man do emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo).

Unha vez máis as Festas da Guadalupe son organizadas pola Asociación Sociocultural A Moreniña, coa colaboración-patrocinio do Concello e co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta.

As festas comezan o día 9 de setembro, co acendido alumeado e o chupitaso. Ás 0.00 haberá música a cargo Bruno DeeJay (Play Discotecas Móviles) e Xacobo (Mínimo Eventos). Ao día seguinte, 10, a festa colle impulso ás 10h coas dianas e alboradas da Banda de Escola de Música de Rianxo, Río de Anxo e Fogo Fatuo, e máis tarde, ás 10.30 está previsto o roteiro da Guadalupe (saída dende a capela). Ás 14.00 está programado o pregón na praza de Castelao e logo dunha sesión vermú, organizarase unha ruta cicloturística dende a praza Castelao, ás 16h. Á tarde-noite actuarán Fogo Fatuo (ás 19.30 na praza da Igrexa), La Salle, Abraira e a Rondalla de Cariño (ás 20h no Auditorio), Santa Campaña (charanga con saída ás 20.30 da praza da Igrexa) e The Cuncas (ás 23h na praza da Igrexa). Logo será a quenda da Verbena Sinfónica (Banda de Música Municipal de Rianxo) ás 22, de Roi Casal (ás 23.30), da Orquestra Atenas (á 1.00) e da Fiesta Kyoto FM con Manu GZ (ás 2.30).

O domingo 11 comezará coa Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña e coa Banda de Música Cultural de Teo. Logo da Misa Solemne na Capela da Guadalupe (ás 12h, cantada pola Coral Abraira) celebrarase a tradicional Procesión Marítima ás 13h. Pola tarde actuará a Banda de Música Cultural de Teo (no Campo de Arriba ás 18h) e haberá unha mostra na praza da Igrexa da Asociación do Traxe Galego (ás 19h). O serán virá amenizado polo Grupo Fussion (ás 19h) e Vai de Roda (ás 20.30). Pola noite actúan Status e Panamá (ás 22h). Ás 0.00 serán os fogos de artificio.

O luns 12, logo da actuación da Banda de Música de Arca virán os Xogos Peñeiros na praza Castelao (Juadalupeñas, ás 11.30), amenizados por BrunoDeeJay. Ás 13h actuará a Banda de Música de Arca na praza da Igrexa e logo virá unha sesión vermú co Grupo Eureka. Pola tarde, logo do xantar popular no parque da Martela, será a quenda do Festivaliño (ás 18h na Martela) e dos Cantos Populares na praza da Igrexa (Cántalle a Rianxo). Pola noite actúan Eureka e Cinema.

O martes 13 comezará con Silvaredonda e cunha xornada de Cultura Urbana de debuxo na rúa a partir das 11.30. Logo dunha sesión vermú de Silvaredonda e Furia Joven proseguirá a creatividade con máis obradoiros de Cultura Urbana na praza da Igrexa e no paseo da Ribeira. A partir das 19.30 actuarán a Banda de Música de Padrón, a Charanga RqR, Furia Joven e Assia (verbena nocturna).

O mércores 14 arrinca coa Banda de Música de Noia e cos Xogos do Paporrubio (xogos tradicionais na praza da Manuela a partir das 11h). Ao mediodía volve actuar a Banda de Música de Noia e ás 14h comeza a sesión vermú co Grupo Fuerza Nueva. Ás 14.30h comeza o Xantar de Confraternidade dos Maiores (na praza Virxe da Guadalupe) co Dúo Charada. Poal tarde haberá un obradoiro de circo no Paseo da Ribeira (Circus Magnificus, a partir das 18h), unha charanga con Mekanika Rolling Band, ás 20h e outra función circense ás 20.30 con Circo Chosco (Forzu2). Pola noite verbena (ás 22h) con Fuerza Nueva e América de Vigo.

O xoves 15 inclúe o Feirón Mariñeiro (A Feira de 1922) no casco vello de Rianxo, a partir das 11h. Despois actuarán Cé Orquestra Pantasma (ás 13h), La Bamba (ás 14h) e Xilbarbeira (ás 19h). Pola noite, Rianxeira Popular (ás 20h), e Noite Folc (a partir das 21.30) con Pan Sen Fron, Tres Pesos e Fiandola. Máis tarde, verbena con La Bamba e Gran Parada (ás 22.30).

O venres 16 (día infantil) arrinca a festa cun tobogán acuático xigante e inchábeis na praza Virxe da Guadalupe, amais da actuación de Río Bravo (ás 11h), unha festa da escuma na praza Castelao (ás 13h), unha sesión vermú con Fama e máis inchábeis pola tarde (a partir das 16). Pola noite haberá gran verbena con Fama, Saudade, Charleston Big Band (ás 22h). Remata a festa cunha troula infantil na praza da Igrexa (ás 23), con A Gramola Gominola e a piscadiscos María Faltri. Á 1.00 será a Rianxeira Infantil. A traca final está reservada para as 2.00 horas con Bengalas e Rianxeira.

Toda a información do programa témola pormenorizada na web das festividades.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.