Animado festival de clausura dos campamentos de Conciliación de Ribeira

31 Agosto 2022

O Auditorio Municipal de Ribeira viviu este mediodía un animadísimo festival de clausura de
dous dos campamentos de conciliación de verán postos en marcha polo Concello (‘Xoga con Nós’ e ‘Camp of Cultural Summer’) con máis dun cento de nenos e nenas que protagonizaron distintas actuacións no escenario da instalación local.

Estes dous campamentos principiaron a principios de xullo e tiveron o colexio O Grupo como epicentro das diversas actividades despregadas.
A concelleira de Educación, Juana Brión, foi a encargada de entregar os diplomas e unhas lambetadas a todos os rapaces participantes. A edil recordou que a oferta de conciliación promovida polo Concello
aínda prosegue ata o 7 de setembro por medio dun novidoso campamento urbano que principiará mañá, para nenos e nenas de 3 a 13 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.