Amancio Prada homenaxea o legado de Rosalía de Castro cun concerto en San Martiño (Noia)

25 Agosto 2022

A Consellería de Cultura impulsa este verán catro concertos protagonizados polo cantante e compositor Amancio Prada en espazos monumentais de Galicia. O ciclo chegará aos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia. A primeira das citas será este sábado 27 na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista do Bierzo ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como Adiós ríos, adiós fontes, Como chove miudiño ou Airiños, aires. Un día despois desta actuación, Amancio Prada volverá a subirse ao escenario no mosteiro de Armenteira, en Meis. O ciclo continuará a seguinte semana, cando o recitar chegará a igrexa de Ventosa, en Agolada, e a de San Martiño de Noia. Todas estas citas terán lugar ás 21,00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

O cantor dos poetas

Desde 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro, cuxa obra que coñeceu por primeira vez con 19 anos e vivindo en Castela e León. Ao longo da súa carreira ten musicado poemas de autores como Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Agustín García Calvo, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre ou Gustavo Adolfo Bécquer e actuado en diferentes lugares do mundo como Santiago, París, Barcelona, Granada ou Oviedo, entre outros.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.