“África perde a metade dos leóns salvaxes que posuía”. Antón Luaces

16 Agosto 2022

Nos anos 50-60 do século pasado foron moitas as películas rodadas en África ou calquera outro pais do mundo co león como protagonista ou co-protagonista da cinta. Fomos lexión os rapaces que comezamos a sentir, grazas ao cine e a ese tipo de película que cito, algo máis que admiración pola fauna salvaxe africana, convertida esta no tempo actual en verdadeira preocupación polo seu futuro.

Elefantes e leóns están a pasar por unhas circunstancias que non axudan o máis mínimo  a sermos optimistas.

No caso de león, concretamente, hai que alarmarse porque, segundo os datos facilitados pola organización  medioambientalista WWF, quedan menos de 20.000 exemplares desta especie ocupando a décima parte da súa distribución histórica. Nos últimos 25 anos, o número de leóns salvaxes africanos reducíuse á metade-Deste xeito, o que sempre foi recoñecido como o señor da sabana, dos bosques, do mato e desertos de África, pasa por unha situación verdadeiramente dramática: o mundo perdeu o 90% dos leóns e xa se estinguiron como especie en 26 países.

O león é a icona da vida salvaxe africana e o único felino que vive en grandes manadas (nalgúns casos de ata 40 indivíduos) lideradas por un macho dominante de longas melenas que xoga un papel fundamental no mantemento de poboacións sans de antílopes, cebras, xirafas e ñús, e do equilibrio da naturexa no continente africano.

Por máis que a iniciativa gobernativa e mesmo privada se involucran na conservación deste soberbio animal que é o león, os cazadores furtivos e os traficantes convertérono na súa nova vítima, o mesmo que fixeron e fan cos elefantes. O león é perseguido, envelenado, trampeado, cazado e despedazado para cuestións tan banais como ser vendido en mercados clandestinos.

Ata que punto é así que, nun informe moi documentado de WWF, o viño elaborado con pós de osos de tigre, símbolo de estatus social nalgúns países asiáticos nos que se emprega para paliar os efectos da artrite, artrose e doenzas semellantes, está a ser substituido nos mercados negros por viño elaborado con osos de león. E todo porque en Asia, onde se consume ese viño, está terminantemente prohibido matar tigres. A ese “consumo” de osos de león, súmase a crecente demanda de cránios e patas como trofeos, os dentes, a graxa e ata as súas gadoupas como elementos de bisutaría.

As vindeiras xeracións de cidadáns deste mundo, é moi probable que só podan coñecer ao león por filmacións ou fotografías, se non somos quen de evitar a súa estinción.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.