Palmeira contará con médico estable que consultará todolos días no centro de saúde

26 Agosto 2022

A Xunta (Consellería de Sanidade) vén de emitir un comunicado sobre a situación actual do Consultorio de Palmeira, criticada fortemente pola veciñanza e polos partidos da oposición no Concello polas súas eivas de servizo. Segundo se fai saber, o Consultorio “segue a manter a súa atención médica diaria” e “trala ausencia do facultativo titular, a xerencia sanitaria compostelá, tal e como ven reiterando en diferentes ocasións, segue a garantir a asistencia axeitada todos os días, de feito as citas para o médico danse no día”.

A xerencia tamén anuncia que “a semana que vén a asistencia será prestada todos os días polo mesmo facultativo de xeito estábel ata a reincorporación do titular, todos os días entre as 8 e as 12 da maña ás 1.114 TIS do cupo deste consultorio, en lugar de alternar diferentes profesionais. O resto das categorías do centro manteñen o seu horario habitual”.

A xerencia tamén lembra “as dificultades que hai nestes momentos no Sistema Nacional de Saúde para contratar profesionais nalgunhas especialidades médicas” e engade que “mesmo é complicado atopar facultativos para facer novas contratacións e, polo tanto, moito máis acadar profesionais para cubrir as baixas e as vacacións dos médicos de familia que atenden os cupos”.

A dirección de Atención Primaria de Santiago e Barbanza di que analiza a diario as incidencias que xorden nos centros de saúde (baixas dos profesionais, vacacións, días libres) e “procura solucións eficientes”.

Ademais, engádese no comunicado, “a Consellería de Sanidade ten adoptado diferentes medidas para tentar paliar esta situación no ámbito das súas competencias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.