A pretemporada do Rotogal Boiro Voleibol comeza o luns

25 Agosto 2022

O inicio da pretempada do Rotogal Boiro Voleibol está fixado para este luns no Pavillón da Cachada. O técnico Emilio Palacio dirixirá a primeira sesión do curso e contará, en principio, con todos os seus efectivos a excepción do receptor Kleist Mendonça, o oposto Gerónimo Elguetta e o central Wu Cheng-Tang.

O Rotogal Boiro Voleibol xa concertou varios amigábeis para afinar a posta a punto antes do inicio da Superliga. O primeiro deles celebrarase o sábado 10 de setembro en Lugo e o rival será o Emevé. O sábado 17, os da Cachada mediranse co Vigo en semifinais da Copa Galicia, que se celebra en Pontevedra. Ademais, o sábado 24 tomarán parte nun cuadrangular organizado polo San Sadurniño no que, ademais dos da Cachada e os anfitrións, participarán o Emevé e o Viana portugués.

O Rotogal Boiro Voleibol iniciará a Superliga en outubro contra o Unicaja Almería, vixente campión da competición e verdugo do conxunto galego en cuartos de final da campaña 2021- 2022. O choque celebrarase na Cachada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...