A pretempada do Rotogal Boiro Voleibol arrincou cunha sesión dobre de adestramento na Cachada

30 Agosto 2022

M. A. – Unha sesión dobre de adestramento na Cachada supuxo este luns 29 de agosto o punto de partida da pretempada do Rotogal Boiro Voleibol. O equipo que adestra Emilio Palacio exercitouse por primeira vez na campaña 2022-2023 mentres permanece á espera da incorporación do oposto arxentino Gerónimo Elguetta, o receptor brasileiro Kleist Mendonça e o central taiwanés Wu Cheng-Tang. Este martes 30 celebrarase unha nova sesión dupla de preparación no pavillón dos boirenses.

O Rotogal Boiro Voleibol contará con case dúas semanas de preparación antes de afrontar o primeiro
amigábel contra o Emevé, que se celebrará en Lugo o 10 de setembro. O inicio da Superliga será a primeira fin de semana de outubro e o rival será o Unicaja Almería, vixente campión da competición, na Cachada.

Por outra banda, a asemblea ordinaria do Boiro Voleibol celebrarase este venres. A primeira convocatoria está fixada para as 20.30 horas e a segunda, para as 21.00 horas. A orde do día inclúe a lectura e, no seu caso, aprobación da acta da anterior asemblea extraordinaria do club; o estado da subvención extraordinaria do Concello de Boiro; a presentación do orzamento para a tempada 2022-2023; a aprobación da cota de socios para a tempada 2022-2023; e a presentación da normativa para as categorías de base. Posteriormente, antes de clausurar a asemblea, procederase á quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.