A praia de Barraña, en Boiro, acolle este 18 de agosto un espectáculo da compañía Trapu Zahara para o publico familiar (máis de 12 anos). Trátase de Turistreando. A cita será ás 20.30 horas no areal boirense de Barraña, a carón do Edificio das Colonias.
Sinopse
Unha axencia de viaxes instala unha caseta en plena rúa co fin de promocionar o seu produto estrela: viaxes virtuais á carta.
Unha ama de casa agraciada cun cruceiro virtual será a elixida pola axencia para programar a súa viaxe en directo. Unha viaxe onde dará renda solta a todas as súas fantasías, por certo, nada convencionais.

F.Artística
Actores: Santi Ugalde, Mila Espiga
Guión: Rubén Ontiveros
Dirección: Isidoro Fernández
Atrezo: Talleres C.I.G. e Fernando
Vestiario: Mónica Zabala
Deseño: Txema Rivera
Distribuidor: M.Rementeria
Vídeo: Alex Casas
Grafismo: Druck
Web: Suigeneris.es