A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal e a organización dos San Juerguines poñen en
marcha unha serie de accións para contribuír a uns festexos libres de agresións machistas. A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra); a asesora xurídica á muller, María Pérez; e Alba Pérez, en representación da organización dos San Juerguines; explican que catro espazos da localidade estarán
habilitados como Punto Violeta con persoal instruído sobre como actuar ante unha posible agresión machista. Será na xornada do 20 de agosto, nun contexto de celebración que inclúe pasabares, festa da auga, olimpíada pincheira e música con DJ.
Os establecementos hostaleiros colaboradores son Barquiña, La Embajada e Verocca, así como a barra situada na área do Castelo, que contarán cuns distintivos de cor violeta que acreditan a súa condición de
zonas seguras ás que acudir. Outro dos recursos será a Rede Lila formada por dez mulleres identificadas cunha pano de cor morada que prestarán a súa axuda de ser preciso.
Tamén se repartirán dípticos informativos co decálogo contra a violencia sexual e recursos telefónicos, ademais do proxecto piloto consistente na distribución dunha serie de adhesivos a modo de tapa para os vasos como medida contra a submisión química. Son dun só uso para así advertir se o recipiente foi manipulado unha vez servida a bebida.
A edil fai así fincapé en que se pretende “sensibilizar e concienciar sobre a situación que vivimos as mulleres de estar pendentes continuamente de non ser atacadas ou agredidas nos ámbitos de ocio.”
O Concello de Boiro completa pavimentados no centro urbano e en Vista Alegre, Currillo e Cubelo
O Concello de Boiro está a levar a cabo a renovación de pavimentos en varias rúas do núcleo urbano e tamén na contorna do complexo deportivo de Vista Alegre, en Cubelo e no Currillo. En total destínanse 65.927 euros de fondos propios para este plan de renovación de...