A Pobra do Caramiñal será unha das sedes da Regata Rías Baixas Xacobeo 2022

08 Agosto 2022

O porto da Pobra do Caramiñal será a sede arousá da Regata Rías Baixas Xacobeo que neste 2022 acada a súa 59 edición. Trátase, segundo fixeron saber o alcalde e máis o presidente do Real Club Náutico Vigo, “du evento xa consolidado no turismo náutico que destaca polo seu atractivo: un total de 80 embarcacións de 14 metros de eslora navegarán a vela as Rías Baixas”.

O rexedor Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, presentaron na mañá deste 8 de agosto esta regata na súa etapa pola Pobra. Ambos fixeron fincapé “na dimensión desta cita” que, segundo sinalaron, “contribúe a dinamizar as actividades náuticas, ademais de xerar un movemento na localidade de aproximadamente 1.800 persoas, entre tripulantes dos veleiros e familiares que os acompañan en terra”. Outro dos obxectivos, engadiron, é “enxalzar o valor que ten a ría da Arousa a nivel económico, cultural e paisaxístico”.

Piñeiro e Portela explicaron tamén que travesía arribará no 11 de agosto ao concello, completando así a segunda etapa con saída de Combarro. Na xornada seguinte focalizarase exclusivamente na Pobra, pois será porto de saída e chegada da terceira etapa para, no día 13, dirixirse a Vigo coa cuarta.

Durante estes días farase entrega de premios por cada un dos tramos e ofrecerase un ágape no centro sociocomunitario.

Cómpre indicar que a primeira etapa correspóndese con Vigo-Combarro, mentres que a quinta e última céntrase na cidade olívica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.