A maga Lore Lavand recala este 10 de agosto en Boiro

O programa Galicia Ilusiona (Festival Mundial de Ilusionismo) vai traer a Boiro a algunhas das principais figuras da maxia da nosa terra e de máis alá das nosas fronteiras. Por exemplo a artista arxentina Lore Lavand, que estará este 10 de agosto na praia de Barraña, a partir das 20.30 horas.

A artista arxentina leva a Boiro o seu espectáculo La vida misma, dirixido a todos os públicos e no que fai un percorrido de aproximadamente unha hora de duración polas diferentes etapas da vida e de todo o que ocorre nelas, coas cousas positivas e as negativas desde a infancia e ata a vellez.

O evento celébrase no marco do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona que organizan e producen Pedro Bugarín e Dani Polo co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa cultural Xacobeo 2021-2022.