A Deputación inviste 1,2 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria de Cespón a Vidres, en Boiro

08 Agosto 2022

A Deputación da Coruña inviste 1.283.922 euros no proxecto de ampliación e mellora de seguridade viaria na DP-1102 de Cespón a Vidres, no concello de Boiro. A partida, que foi aprobada no pleno provincial do mes de xullo, permitirá rematar as obras, “xa que o contrato inicial foi obxecto de rescisión”, segundo informaron fontes da entidade provincial.

A deputada Sandra González destacou a “importancia de rematar esta importante obra de mellora da seguridade viaria” e salientou “o esforzo que está a realizar a Deputación para mellorar a seguridade viaria en toda a provincia e o enorme esforzo inversor que a sitúan como o maior axente inversor de toda A Coruña”.

Os traballos a levar a cabo contemplan a ampliación e mellora da feitura da vía en toda a estrada pasando do ancho actual de 5 metros a unha sección de 8 metros de anchura, mellorando o trazado a mediante o suavizado de curvas. Inclúese ademais a mellora de 300 metros dunha estrada municipal que pasa a ser o novo tronco da estrada provincial, mentres que os primeiros 300 metros da estrada provincial, substituídos polo novo trazado, repavimentaranse sen aumentar a súa anchura.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.