A Comunidade de Montes de Baroña organiza este sábado unha nova ruta guiada nocturna aos petróglifos da parroquia

A Comunidade de Montes de Baroña segue adiante co seu importante traballo para poñer en valor os tesouros ambientais, históricos e culturais do seu ámbito de acción. Este sábado 13 de agosto, sen ir máis lonxe, está prevista a celebración dun novo roteiro nocturno aos petróglifos de Baroña, desta volta para visitar os de A Rastra e arredores. As andainas comezaron o 28 de xullo e terán continuidade o 26 de agosto e o 17 de setembro.

Coma vén sendo costume, a andaina complementarase cunha breve explicación inicial da man de Manuel Mariño del Río sobre os petróglifos, e posteriormente comezará o percorrido en si mesmo, co obxectivo de visualizalos por medio de iluminación artificial dirixida.

“A maiores”, explican dende a Comunidade de Montes, “teremos unha actividade moi interesantes para os nenos da man de Fran Ameixeiras, que nos fará un obradoiro arqueolóxico na que se aprenderá diferentes técnicas que se usaban na arte rupestre para facer os gravados e faremos diferentes xogos e actividades e posteriormente veremos diferentes técnicas que tiñan na prehistoria para facer lume”.

Máis información no teléfono 679 156 855.