A Banda de Música de Boiro actúa este venres no Pazo de Goiáns

18 Agosto 2022

Tras case dous anos de inactividade, a Banda Municipal de Música de Boiro volve aos escenarios cun concerto extraordinario nunha das xoias patrimoniais recentemente restaurada do Concello de Boiro, o Pazo de Goiáns.

Dita actuación, que leva por nome Atardecer musical en Goiáns, estará dirixida polos membros da agrupación Lois Pimentel Iglesias e Juan Pérez Ortega, e está prevista para este venres 19 de agosto ás 20:30.

Este concerto de verán contará cun programa moi variado, que incluirá dende música sinfónica de compositores como Jacob de Haan e Jan Van der Roost, ata música de autoría local como Manuel Muñiz ou o propio Lois Pimentel. A entrada ao concerto é libre e de balde e a duración aproximada será de 1h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.