A Asociación ABAS pon en marcha un programa de saídas culturais e de ocio destinadas a persoas con doenzas mentais

23 Agosto 2022

Co ánimo de achegar a cultura e o ocio ás persoas con doenzas mentais, a Asociación ABAS pon en marcha un programa de ocio inclusivo que foi presentado esta mañá na Casa do Concello polo coordinador da entidade, Francisco Javier Gómez, xunto coa concelleira de Cultura María Sampedro e con Jesús Paz, tamén integrante da Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade.
A iniciativa dou comezo o pasado mes de xuño cunha saída a Vimianzo, Ézaro e Portugal e terá continuidade este mesmo domingo pola tarde cunha nova viaxe, neste caso con participación dunha
ducia de persoas que irán en dúas embarcacións pola ría de Arousa.
Francisco Javier Gómez anunciou que haberá próximas saídas dentro desta iniciativa ata o mes de decembro e que espérase de que entre medio cento e un cento de persoas con doenzas mentais poidan
tomar parte no programa. A tal efecto destacou a colaboración da Asociación A Creba, así como a do Concello de Ribeira que aporta unha subvención.
A concelleira María Sampedro aplaudiu a iniciativa salientando o feito de que a xente moza se conciencie coa inclusión das persoas con este tipo de doenzas que por moito tempo foi un tema tabú na
sociedade.
As persoas interesadas poden obter máis información escribindo un email a coordinador.abas.asoc@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.