A asemblea ordinaria do Boiro Voleibol celebrarase o venres 2 de setembro na Cachada

19 Agosto 2022

O Pavillón da Cachada será escenario, o venres 2 de setembro, da asemblea ordinaria do Boiro Voleibol. A primeira convocatoria está fixada para as 20.30 horas e a segunda, para as 21.00 horas. A orde do día inclúe a lectura e, no seu caso, aprobación da acta da anterior asemblea extraordinaria do club; o estado da subvención extraordinaria do Concello de Boiro; a presentación do orzamento para a tempada 2022-2023; a aprobación da cota de socios para a tempada 2022-2023; e a presentación da normativa para as categorías de base.

Logo, antes de clausurar a asemblea, procederase á quenda de rogos e preguntas. Por outra banda, o Rotogal Boiro Voleibol contará con Cristóbal Álvarez como adestrador axudante do primeiro persoal para a tempada 2022-2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...