A ABE bate récords de participación nas Quincenas Fantástica con 1.169 tíckets rexistrados

16 Agosto 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) presentou os datos da terceira Quincena Fantástica, a campaña da patronal para impulsar o comercio local este verán. Segundo fixo saber a ABE, rexistráronse 1.169 tíckets nesta quincena, unha cifra que é representa “o récord absoluto na campaña “. Sorteáronse 500 euros en vales de compra e unha bicicleta pregábel.

“Esta cifra de rexistros é a mais alta da historia da campaña dobrando os rexistros da mesma quincena do pasado ano e superando os 1015 da pasada quincena”, explicou a ABE, engadindo que “estes datos referendan a aposta da ABE pola dixitalización nas campaña de promoción comercial e nos animan a seguir traballando nesta liña potenciando este sistema”.

As Quincenas Fantásticas rematarán dentro duns días co último sorteo do mes de agosto (son un total de catro).

A entrega dos premios realizarase na primeira semana de setembro xunto coas persoas premiadas da úñtima quincena

Quedan pendentes de sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas de agosto (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici).

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.