A 18ª Andaina Concello de Ribeira atravesará tramos do Camiño de Santiago A Orixe

25 Agosto 2022
O sábado 3 de setembro a partir das 9 horas terá lugar a 18ª edición da Andaina Concello de Ribeira: unha cita arraigada no calendario deportivo da nosa comarca que foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Javier Sampedro e por Moncho Sampedro da Asociación de Veciños de Carreira, os dous organizadores da cita.
A andaina sairá como sempre da Fieiteira e conta como novidade cunha disposición en dous bucles de 30 e 20 kilómetros, de tal xeito que as persoas que se animen a participar teñen a opción de completar os 50 kilómetros característicos da actividade ou ben unicamente os primeiros 30.
O itinerario, que varía todos os anos, tocará puntos como Coroso, Touro, Ameixida, A Pinisqueira, A Tasca, río Sanchanás, Pedra das Cabras,San Alberte, a congostra da Carballa ou o parque natural, tendo a particularidade de que atravesaría varios tramos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe.
Dende a organización estímase entre 8 e 9 horas o tempo de realización do percorrido, sendo o máximo para facelo de 12 horas. O límite de participantes está en 250 e as inscricións pódense formalizar
ata o 31 de agosto ás 12 do mediodía en www.ribeira.gal. Nestes momentos hai 212 apuntados.
O Concelleiro de Deportes Javier Sampedro animou a aqueles que estean considerando participar a que se inscriban antes de que se extinga o cupo de prazas. Moncho Sampedro, pola súa parte, botou a
vista atrás e lembrou que a iniciativa naceu fai 20 anos (tivo unha pausa de dous anos pola pandemia) e destacou a colaboración durante toda esta andadura de xente como Pachicho Reiriz e José Manuel Sampedro, presentes no acto de hoxe, así como os técnicos municipais Javier Sampedro e Manuel Ruiz.
Tamen se agradeceu o apoio de Arousa Neo, club Sachacamiños, Protección Civil, Policía Local, Congalsa, Revolutrion, Deportes Estévez e outras 35 persoas voluntarias na posta en marcha da cita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...