1ª xornada Trofeo Pitusa Sabín-Regata Mar de Finisterre

21 Agosto 2022

Comezou en Portosín a cita coa súa regata máis emblemática, a Mar de #Finisterre, que alcanza a súa 34ª edición, a oitava baixo o mecenado de Dominga Sabín e Jacinto Hernández.

A Pitusa Sabín soubo a moita mar neste primeiro día da regata, con 40 millas para os máis avezados que conquistaron #Finisterre, cun ariete que foi o Siradella, de Francisco Gude, encargado de dar unha
lección maxistral de navegación e, polo tanto, liderando a clase dos grandes veleiros, a Regata, seguido o barco de Portosín polo da Armada Española, comandado por Diego López, da Comisión Naval de Ferrol, pechando o podio provisional outro coruñés, o Urbapaz, de Fran Edreira, que navega polo Club Náutico de Cabanas.

Pero nestes mesteres de mestres da mar estívolle á zaga ao Siradella, o Meltemi, de Guillermo Blanco, do Real de Coruña que, ademais de mandar nos Cruceiro/Regata, fíxose co liderado da xeral da Mar de #Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín. A posto prata é para o Virginiano, de Juan Concheiro, do club anfitrión de Portosín, sendo o bronce para o Raygrass III, de Tom Núñez, do Club Marítimo Carrumeiro.
Respecto a a regata de promoción dos Open, que navegaron polo interior da ría, o liderado está en poder do Monte Ulía, de Eduardo Arán, de Portosín.
Hoxe navegouse cun vento medio de 12 nós, ondas de metro e metro e medio, co eixo da compoñente no noroeste.

1ª xornada Trofeo Pitusa Sabín-Regata Mar de Finisterre. Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.