Xavier Díaz e The Cuncas acompañarán a inauguración da nova sede do Club de Remo de Cabo

09 Xullo 2022

O Concello de Boiro programou para o vindeiro mércores 13 de xullo, previo ao comezo das Festas do Carme en Cabo de Cruz, a inauguración da nova sede do Club de Remo da localidade. Comezará ás 20.00 horas e contará coas actuacións das pandeireteiras de Lumieira, Xavier Díaz e The Cuncas.

Está previsto un acto institucional, no que van intervir representantes do Concello de Boiro e tamén do Club, e que rematará con actuacións e paella para a as persoas asistentes. As actuación terán lugar nas inmediacións do inmóbel acabado de estrear, e a entrada é libre, polo que non se require inscrición previa.

O Concello de Boiro vén de rematar as obras de construción dun edificio que, segundo informa, “conta con todos os servizos e comodidades para a práctica do remo como son ximnasio e vestiarios, foso para a práctica deportiva no inverno, aulas de traballo e formación e espazo para as traíñas”.

Xavier Díaz durante o concerto recentemente celebrado en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.