Xantar de confraternidade co voluntariado dos Campamentos de Verán de Lousame

28 Xullo 2022

Os mozos e mozas que participaron como voluntarios nos Campamentos de Verán de Lousame, nos que participaron máis de 100 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, tomaron parte nun xantar de confraternidade organizado polo Concello de Lousame. “Trátase dunha forma de agradecer a súa colaboración durante todo o ano e, especialmente, durante estes campamentos pois sen a súa axuda non sería posible acoller a tantos e tantos rapaces e rapazas”, explica a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo.
De feito, a participación de voluntarios foi tan elevada nestes campamentos, que tiveron ugar do 11 ao 15 de xullo, que por cada grupo de dez nenos e nenas estaban dispoñibles cando menos 3 mozos/as voluntarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.