Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre estarán o 17 de xullo en Rianxo

17 Xullo 2022

A praza Castelao de Rianxo vai acoller o vindeiro 17 de xullo (ás 22.30) un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentando o seu novo traballo As Catedrais Silenciadas.

A proposta forma parte da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña. O concerto encádrase no programa de actividades das Festas do Carme de Rianxo, que se celebran entre o 14 e o 17 de xullo, baixo a organización da Comisión das Festas do Carme en colaboración co Concello e a Deputación.

As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Chega tras unha extensa xira por máis de 13 países e 200 concertos. O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.