Xa se poden presentar obras ao XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

21 Xullo 2022

A área de Cultura do Concello de Dodro informou de que xa está aberto o prazo de presentación de obras do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Nas bases, que se poden consultar xa en formato PDF, especifícase que o premio ten unha dotación económica de 2.500 €, que recibirá a persoa autora da obra que resulte gañadora. Ademais, a obra galardoada será publicada, co auspicio do Concello de Dodro, nunha editorial “de recoñecido prestixio”, efectos para os cales o Concello de Dodro reservarase os dereitos de edición durante un prazo de dezaoito meses a contar dende a data do dito fallo. A persoa autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta edición que se realice.

As obras que se presenten ao XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón deberán reunir os seguintes requisitos:

· Deberán consistir en obras de poesía escritas en lingua galega, de xeito íntegro ou principal, conforme á normativa oficial vixente.

· Deberán ser traballos orixinais e inéditos, non premiados noutros certames, nin rexistrados, total ou parcialmente, e que carezan de compromisos de publicación con algunha editorial.

· Os poemarios serán de tema e forma libres. Terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.

· As obras ostentarán un título e un lema (ou pseudónimo da persoa autora).

O prazo para presentar as obras rematará o día 23 de setembro de 2022.

O xurado estará integrado por cinco membros, sendo presidente o alcalde da Corporación e secretario o concelleiro de Cultura e Patrimonio, quen actuarán sen voz e sen voto. Os membros restantes, tres vogais, serán persoas de “recoñecida obxectividade e competencia no xénero da poesía, así como na crítica literaria”. A composición farase pública cando remate o prazo de admisión de orixinais, o 23 de setembro de 2022 na páxina web do Concello (www.dodro.gal).

O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome (a xeito de homenaxe) do destacado poeta local, finado en 1986, autor de obras tan memorábeis como Os días olvidados e A morte presentida, constitúe cos seus 35 anos de vida un dos grandes certames poéticos do panorama galego. O premio vén da man do Concello e da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.