Unha ruta turística guiada pon o foco na riqueza patrimonial do río das Pedras

01 Xullo 2022

O río das Pedras e as súas pozas naturais sobre a rocha, un dos grandes atractivos turísticos, paisaxísticos e ambientais da Pobra do Caramiñal, veñen de ser obxecto dunha iniciativa de promoción e lecer por parte da Concellería de Turismo. En concreto, a área municipal lanzou unha ruta turística guiada que se suma ao completo calendario de lecer deseñado para a tempada estival e que pon o foco na sobranceira riqueza patrimonial e medioambiental do dito curso fluvial. Os detalles da ruta foron achegados este venres 1 de xullo pola concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), acompañada pola técnica municipal do Turismo, Ángeles Tubío, e Joaquín Rubal, quen exercerá de guía do percorrido.

Segundo fixeron saber, esta nova actividade remarca a aposta da Administración local por diversificar a oferta turística poñendo o foco, nesta ocasión, nunha paraxe de gran riqueza que reúne natureza, historia e lendas.

O itinerario será ofrecido por un guía titulado nos días 8, 22 e 29 de xullo, así como nas xornadas do 5, 19 e 30 de agosto. A duración será de 3 horas, nas cales se completarán aproximadamente 2 quilómetros. A dificultade é media-alta, polo que está recomendado para maiores de 12 anos.

As saídas efectuaranse ás 10.00 horas, co aparcadoiro fronte ao mercado municipal como punto de encontro.

As prazas son limitadas e requírese inscrición previa na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira; nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835; ou no enderezo electrónico turismo@apobra.gal. O importe a pagar para desfrutar desta experiencia estipúlase nos 13’50 euros por persoa e inclúe tamén o traslado en autobús.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.