Unanimidade en Ribeira na moción do BNG en defen​s​​​​​a da sanidade pública

27 Xullo 2022

O salón de plenos de Ribeira acolleu na súa máis recente sesión unha nutrida representación da veciñanza de Palmeira, que acudiu para asistir ao debate da moción presentada polo BNG local coa que se pretende “garantir a atención sanitaria de calidade” e “demandar da Xunta que cubra todas as baixas e vacantes do persoal médico que hai nos centros de saúde do municipio”.

Os nacionalistas argumentaron que “a situación da atención primaria no concello empeora a pasos axigantados por mor da precariedade laboral que padece o persoal sanitario e debido aos recortes aplicados polo Goberno galego”. O BNG, neste senso, cualificou de “insostíbel” a situación no caso concreto de Palmeira. Alí, sinalou o grupo, “malia que o centro debe atender máis de 1.100 pacientes​, non se cobre a baixa do médico a tempo completo e só mandan ​​profesionais médicos despois da súa xornada laboral desde Silleda ou desde Noia para cubrir a baixa do único médico que ten o centro palmeirense”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, ​tamén detallou o que acontece ​co Centro de Saúde de Ribeira, cun cupo de máis de 20.000 persoas e onde, sinalou, “a día de hoxe​ faltan 6 facultativos e facultativas se contamos coas libranzas por facer horas de garda no Punto de Atención Continuada (PAC) por​que o SERGAS non cobre as ​baixas e​ as​ vacacións​ do persoal”.

Desde o BNG mostraron a súa satisfacción porque “a grande mobilización social que está habendo para defender a Sanidade pública, está provocando mudanzas, pois obrigou ao Goberno local e ao rexedor, Manuel Ruiz, a ter que defender os intereses da veciñanza ribeirense​s por riba dos intereses do PP, algo que até o de agora nunca demostrou”​, sinalou Pérez Barral, que instou ao Executivo ribeirense a “se poñer a carón da veciñanza para esixir solucións que permitan cubrir as baixas, as vacantes do persoal nos centros de saúde e se poña fin á precariedade laboral así como a sobrecarga que o SERGAS obriga aos seus profesionais”. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.