Un bombeiro do parque comarcal de Ribeira tivo que ser atendido onte de urxencia ao inxerir de forma accidental veleno de velutinas.
Por fortuna, o operario foi dado de alta pouco tempo despois e tras de recibir asistencia no Hospital do Barbanza.
Os feitos ocorreron pasadas as dez da noite pasada cando o afectado, xunto cos seus compañeiros, participaban nunha intervención. A inxesta completamente accidental do produto provocoulle á persoa picor nas vías respiratorias.
Desde o 112 Galicia solicitouse a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.




