Turismo de Ribeira ofrecerá en agosto e setembro visitas guiadas gratuítas a San Roque, a Pedra da Rá e o Castro da Cidá

28 Xullo 2022

O Departamento de Turismo de Ribeira vai ofrecer durante os meses de agosto e setembro visitas guiadas gratuítas ao parque periurbano de San Roque a ao entorno do miradoiro de Pedra da Ra e Castro da Cidá. A proposta foi presentada esta mañá polo concelleiro Ramón Doval xunto coa técnica municipal Sandra Fernández.
No que se refire á visita guiada ao parque de San Roque, terá lugar todos os martes de 11:00 a 12:30, requiríndose un grupo mínimo de 8 persoas e un máximo de 15. Os participantes poderán mergullarse no
megalitismo, arte rupestre e castrexo: tres manifestacións culturais coas que descubrir a prehistoria galega. O punto de saída será o centro de interpretación arqueolóxica.
Polo que respecta á visita a pé a Pedra da Ra e Castro da Cidá, desenvolveranse todos os venres de 11 a 12.30 horas, esixíndose igualmente un grupo mínimo de 8 e un máximo de 15 persoas. O
punto de encontro será o multipremiado miradoiro de Pedra da Ra.
Para máis información e reservas cómpre contactar coa oficina de Turismo do Malecón, que abre todos os días excepto os martes de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas. O teléfono é o 981 873 007 e
o enderezo electrónico, oficinaturismo@ribeira.gal.
Ramón Doval animou a veciños e visitantes a desfrutar destes enclaves.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...