Titiriberia celebrará en Rianxo o 40º aniversario das compañías Viravolta e Trécola

18 Xullo 2022

O Festival Titiriberia, histórico certame de títeres tradicionais con sede en Rianxo e organizado pola Asociación Morreu o Demo (coa colaboración do Concello, da Deputación da Coruña e da Xunta), celebrará as catro décadas do teatro profesional de títeres en Galicia ao contar no seu programa con dúas compañías que celebran o seu 40º aniversario neste 2022: Teatro de Marionetas Trécola e Viravolta Títeres. Ambas as dúas formacións, xunto aos Monicreques de Kukas ou Tanxarina, participarán no Titiriberia deste ano en calidade de “auténticos referentes do secto”.

Un espectáculo de Trécola

Será un destes veteranos grupos quen se encargue de abrir o programa de Titiriberia o vindeiro domingo 24 de xullo. Viravolta Títeres participará cos seus cabezudos tradicionais xunto á Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda nunha ruada que partirá do Auditorio Municipal e percorrerá Rianxo baixo o título A festa dos títeres. Trátase, ademais da primeira das dúas producións propias de Morreu o Demo que se verán no festival.

Viravolta Títeres naceu en 1982 da man de Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado. Nestes corenta anos, a formación ofreceu máis de trinta espectáculos e en Titiriberia representarán dúas funcións dun deles: Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón. A peza poderase ver o martes 26 ás 21.00 horas na praza Rafael Dieste e o sábado 30 ás 13.00 horas na Praia de Tanxil.

Pola súa banda, Teatro de Marionetas Trécola cumpriu corenta anos de traxectoria en 2021. Naceu da man de Fernanda Cabrera Varela e Rafael Vázquez Núñez, que apostaron por recuperar a tradición das marionetas de fíos en Galicia coa histórica peza Teatriño de Feiras, que aínda hoxe continúa nas táboas actualizado co nome The Piccole Theatre. En 2006, Ero Vázquez Cabrera xunto a Isa García Coldeira, fanse cargo dunha compañía que chega ao Titiriberia este ano coa colaboración especial da terceira xeración desta familia de artistas ao actuar Ura e Naia Vázquez.

Trécola ofrecerá dúas funcións da súa obra Nº8 Rúa dos Contos o mércores 27 ás 12.00 h. no Pazo de Rianxiño e xoves, tamén ao mediodía, no Parque de Santa Lucía de Asados. Trécola ofrecerá ademais unha postfunción para falar co público de que significa herdar un espectáculo e o legado familiar nunha compañía que pasa de xeración en xeración.

O programa tamén inclúe outra formación de longo percorrido nos nosos escenarios: Os Monicreques de Kukas. A compañía conformada por Marcelino de Santiago Kukas e Isabel Rey, naceu en 1979, é toda unha referencia para o sector e tamén pasará este ano polo Titiriberia. Actuarán con Gernika, espectáculo de técnica lambe-lambe na praza Castelao entre ás 12.00 e ás 14.30 horas do mércores 27 de xullo.

Mesa Redonda

As devanditas compañías, xunto a representantes do histórico grupo Tanxarina, analizarán o percorrido dos corenta anos do títere profesional en Galicia. O acto estará conducido por Topo Vidal e celebrarase o mércores 27 ás 18.30 h. no Auditorio de Rianxo.

Programa completo en www.tititiriberia.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.