“Tía Manuela_ En que pensarán”. Luís Celeiro

21 Xullo 2022

Milleiros de hectáreas de monte arrasadas, milleiros de lugares ennegrecidos pola desfeita, afumados e ardidos, tal como se queimaban as cozas das uces para facer o carbón na Rodela. Brigadistas atrapados e a maioría desconsolados, como a veciñanza que anda na
procura de arredar aos animais e ás casas dese burato negro, da morte por asfixia, por insuficiencia de todo.
As bágoas campesiñas e amigas, as dos vellos e nenos, homes e mulleres, xa son insuficientes para reter ese lume que trae ao seu paso un rastro de miseria, coa penuria apelicada, cun enorme impacto a nivel emocional, económico, ambiental e sentimental.
Pasa destruíndo todo, a materia e a memoria, os corpos e as almas da nosa xente. E, non hai quen o pare. Escapan os lobos, os xabarís, os corzos e os corvos, pero Xan de Vilar non quería marchar da súa casa courelá. Tiveron que levalo á forza e a contra gusto.
Os da Galicia rural, os das vilas galegas e os das sete cidades mostran (mostramos) toda a solidariedade coas vítimas do lume, con aqueles que sofren por mor do lume, da calor do lume e do fume do lume. Esa conversión rápida de todo en nada é a tristeza cravada no corazón e no ser de cadaquén, traída polas lapas candentes que van e volven cada ano, sen que os administradores do público saiban nada.
Parece que os lumes se apagan mellor con prevención, con coidado e con anticipación; mantendo o monte limpo e preparado para producir, como estaba daquelas, mesmo a mediados do século pasado, cando os homes e as vacas araban coa cambela, para cavar coa aixada e queimar a broza e a terra naquelas tolas que fumegaban tres ou catro días.
No monte ou no labradío, os paisanos labregos gardaban o lume na boleira da besta, do cabalo, do burro ou da mula. Sabían ben que alí estaba discretamente mantido e preparado para acender durante un longo período, sabían todos eles que o lume non escapaba aínda que lle sopraran e non chegaría nunca, nunca xamais, á aldea, ás casas de ningún lugar.
Dio moi ben a Tía Manuela, “que invistan en prevención, para aforrar en lamentos e gastar menos en extinguir tantos lumes”. Aí estamos, lamentando cada ano como se vai a pouca Galicia que queda, chorando polas desgracias, bramando polo moito que perdemos e que non poderemos recuperar nunca máis. E aqueles, os culpables, en que pensarán?

Outros artigos

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Con lo que cuesta la compra de un tanque, para la guerra, podrían comer unas 30.000 personas”. “900 euros es lo que cuesta insertar a una persona para el mundo laboral”. “Hace mucho tiempo que ya es difícil creer en la mayoría de los políticos, no es de recibo que se...

“Non é amoral, é inmoral” – Manuel Domínguez

“Non é amoral, é inmoral” – Manuel Domínguez

"Antonio” non é amoral, é inmoral. Unha persoa amoral actúa sen coñecer a moral e por tanto non sabe se obra mal ou ben, mentres que un inmoral é aquel que contravén as normas da moral e sabe que o fai como o puidemos ver. Eu a un político non lle pido que sexa...