Rueda visita CONGALSA e enxalza a importante actividade da nosa pesca conxelada

29 Xullo 2022
Fotos de David Cabezón

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres 29 de xullo as dependencias da empresa alimentaria CONGALSA, referente na elaboración de produtos do mar. Na súa estadía Rueda salientou o pulo da frota galega da pesca conxelada, que no primeiro semestre do ano incrementou un 30% os seus ingresos.

“É o mellor resultado en canto a facturación desde 2019”, enxalzou o titular do Executivo galego, poñendo o foco no importante papel xogado por CONGALSA neste sector. Rueda dixo tamén que o concello da Pobra é un dos municipios galegos que máis pesca conxelada venderon procedente da frota galega, máis de 4.000 toneladas, e que máis valor obtivo desas vendas, 8,4 millóns de euros.

Luis Simarro, director xeral de CONGALSA, e o presidente Alfonso Rueda

O presidente da Xunta debullou as cifras deste primeiro semestre de 2022 da frota galega de pesca conxelada. Así, precisou que a primeira venda ascendeu a 37.000 toneladas -sobre todo de peixe espada, quenlla, pota arxentina ou fletán negro- o que derivou nunha facturación que roldou os 158 millóns de euros, mentres que os do primeiro semestre do 2021 foron de 122 M€. Ademais, destacou que a nosa comunidade autónoma ocupa a primeira posición en xeración de ingresos de explotación, tanto no global do sector en España, como entre os socios de Conxemar. Para Rueda, estes datos “demostran que o sector pesqueiro está a resistir o impacto da crise, malia os efectos da pandemia, dos custos de produción pola guerra de Ucraína e do prezo da enerxía e dos combustíbeis”.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visita as instalacións da empresa Congalsa. Aldea Tomada (A Pobra do Caramiñal), 29/07/22.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...