Rúas Vivas encherá de actuacións a vila de Noia até o mes de setembro

15 Xullo 2022

Noia compartiu estes días a súa axenda cultural para este verán, máis concretamente a axenda do programa Rúas Vivas, que comezou o 7 de xullo cun concerto de Ricardo Parada e logo de diversas actuacións musicais en diferentes recantos da vila proseguirá este venres 22 de xullo con concertos de Misela (ás 21h no Tapal) e de Embrio (ás 22h na rúa Labarta). As actividades proseguirán o 23 de xullo (con inchábeis na Alameda a partir das 11h e co concerto de Four Passengers (ás 22h na praza da Constitución). Previamente, de 20 a 22h, haberá música chill out e relax no malecón de Gasset. O domingo 24 actuará a Banda Municipal de Noia (ás 20.30h no Tapal) e o xoves 28 o grupo Carta de Ajuste (ás 21h na rúa Labarta). O venres 29 haberá narracións orais na praza do Cantón (ás 21h, a cargo de Candido Pazó) e o sábado 30 unha ruada coa Banda de Música de Noia (a partir das 11.30). O 31 haberá un novo concerto da Banda de Música de Noia (ás 13h na Alameda) e coa actuación de Xaracandaina, de 20 a 22h na rúa do Curro, na praza da Constitución e no Tapal.

En agosto o día 6 haberá sesión DJ no malecón de Gasset (ás 13.30) e ao día seguinte volverá tocar a Banda de Música de Noia, ás 20.30h na Alameda. O sábado 13 será a quenda de Airband (ás 13.30 no Curro), e o martes 16 haberá unha sesión de maxia ás 21h na praza do Curro. O xoves 18 Elena ofrecerá un concerto na praza da Constitución (21h) e Copo de Aluá fará o mesmo ao día seguinte, venres 19, a partir das 21h na Alameda.

O domingo 21 actuará de novo a Banda de Música de Noia, ás 20h na praza do Cantón.

A actividade proseguirá en setembro co concerto de Jerry Noia’s – Jukebox, ás 21 na praza da Constitución, e coa festa de remate do verán 50 Anos Aló – Noia (do venres 2 ao domingo 4).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...