Rianxeira contribúe á alimentación saudábel con cinco receitas de atún

20 Xullo 2022

Rianxeira (JEALSA) compartiu este 20 de xullo diferentes propostas de alimentación saudábel baixo un ingrediente común que é un dos grandes piares da súa actividade empresarial: o atún. Na información compartida a conserveira boirense reivindica o atún como “un alimento rico en proteínas e minerais fácil de incluír nos menús estivais que tan agradecidos resultan nesta época do ano”. Por iso, a marca de conservas sustentábeis realizou unha selección de “receitas frescas, saudábeis, ricas e doadas de preparar este verán, nas que a gran protagonista é a conserva máis consumida polos españois, o atún”. As receitas de Rianxeira están dispoñíbeis nunha sección específica da súa web.

A conserveira boirense lembra ademais que por segundo ano consecutivo, o estudo realizado polo Observatorio de Consumo e Sustentabilidade de JEALSA, a Radiografía del Consumidor Responsable, concluíu que o atún é a conserva máis consumida polo 65% da poboación española. É por iso que desde Rianxeira quixeron recompilar as 5 mellores receitas con este alimento para gozar desta conserva durante o verán.

Tostadas con atún, aguacate e tomate

Rianxeira defínea como “unha receita fácil de preparar e deliciosa que se converterá no favorito de moitos este verán, unha combinación de ingredientes saudábeis para gozar do mellor almorzo”.

Para elaborar esta receita necesítase:

80 gr de pan integral

60 gr de tomate

Medio aguacate

Unha lata de atún claro Rianxeira co toque xusto de aceite de oliva eco

Sal e pementa

Tacos vexetais con atún e maionesa

“Unha receita orixinal e exótica para gozar dun prato san, rico e divertido sen necesidade de realizar

grandes elaboracións”.

Para preparar este prato precísase:

8 tortillas de millo

Brotes verdes de leituga variada

1 tomate grande

3 latas de atún claro Rianxeira co toque xusto de aceite de oliva eco

2 culleradas de maionesa

Cebola triscante

Ensalada de arroz con atún

“Esta receita é xenial para unha comida saudábel e fresca para o verán”, en palabras de Rianxeira. Para gozar desta ensalada necesitaremos o seguinte:

1 lata de atún claro Rianxeira cun toque de auga mineral e flor de sal

100 gr de arroz cocido

25 gr de tomate

50 gr de papaia

15 gr de baias de Goji

20 gr de cebola

15gr de sementes de chía

20 ml de aceite

20 ml de vinagre balsámico

15 ml de salsa de soia

Sal ao gusto

Berenjxnas recheas de atún

“Unha receita sa para aqueles amantes da verdura e as conservas”. Para realizar estas berenxenas

necesitaremos o seguinte:

Berenxenas

Atún claro Rianxeira co toque xusto de aceite de xirasol eco e flor de sal

Pemento vermello

Pemento verde

Cebola vermella

Cabaciño

Crepes frías de atún con queixo e salsa de pementos

Unha receita que pode servir de entrante ou de prato principal para calquera comida familiar de verán. Para preparalo necesitaremos:

2 ovos

110 gr de fariña

240ml de leite

15 gr de azucre

2gr de sal

Reladuras de limón

Manteiga

Para o recheo

1 lata de atún claro Rianxeira en escabeche e flor de sal

Crema de queixo

2 pementos vermellos

Cebola

Brotes de leituga

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...