O Concello de Ribeira informou da reanudación das obras da pérgola da nova estación de autobuses fronte á praza da Heroínas de Sálvora. Operarios da empresa adxudicataria, Canarga, retomaron os traballos para rematar a instalación logo dun modificado no contrato que entrañou a aplicación dunha serie de cambios tanto en canto á cimentación como da urbanización da estrutura, así como o aumento de zonas verdes.

O Concello lembra que tamén se está a traballar no acondicionamento dunha nave portuaria anexa como zona de espera, aseos e despacho de billetes, neste caso por parte da empresa Abootec Promociones y Gestiones Inmobiliarias.



