Retomado o proxecto anual O CAMIÑO, A ORIXE – CAPM de Boiro

15 Xullo 2022

Neste ano 2022 retomamos o proxecto anual “O Camiño, a Orixe”, no que de maneira simbólica percorreremos o novo Camiño de Santiago “A Orixe” que transcorre por terras barbanzanas. O obxectivo é poñer en valor e dar a coñecer este camiño entre as nosas persoas usuarias, favorecendo así a súa integración na vida social, cultural e patrimonial da nosa contorna. Paralelamente con este tipo de saídas
pretendemos favorecer actividades de lecer e desfrute entre as persoas usuarias do centro.
Nun primeiro momento, realizamos un traballo previo no que dentro das actividades do centro, tratamos temas de interese de cada Concello, lugares emblemáticos de cada unha das etapas así como a historia do camiño de Santiago – A Orixe.
Posteriormente realizamos a correspondente “saída-peregrinación” a cada unha das etapas, visitando así os diferentes Concellos do Barbanza polo que transcorre o Camiño de Santiago da Orixe: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón.
Definimos o itinerario da saída e lugares a visitar en función das preferencias das persoas usuarias e adecuándonos á condición física das participantes e das barreiras arquitectónicas presentes en cada un deles. Realizamos a saída nun autobús adaptado a persoas con mobilidade reducida que nos achega aos lugares elixidos para visitar. Realizamos un percorrido polo lugar así como unha breve descrición
deste, que nos permita así coñecelo e facilitar o seu desfrute o tempo que alí permanezamos.
A continuación exponse a distribución das etapas do camiño que se están desenvolvendo ao longo do ano 2022, así como a súa temporalización:
✔ ETAPA 1: Faro de Corrubedo – A Guía, visitando o Concello de Ribeira en abril de
2022.
✔ ETAPA 2: Capela da Guía – Igrexa de Santa María do Caramiñal, visitando o
Concello de A Pobra do Caramiñal en maio e xuño de 2022.
✔ ETAPA 3: A Pobra do Caramiñal – Igrexa de S. Vicenzo de Cespón, visitando o
Concello de Boiro en xullo de 2022.
✔ ETAPA 4: Igrexa de S. Vicenzo de Cespón – Quintáns, visitando o Concello de
Rianxo, en xullo e agosto de 2022.
✔ ETAPA 5: Quintáns- Padrón, visitando o Concello de Dodro, en setembro de 2022 e
o Concello de Padrón en outubro de 2022.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...