Reanimado con éxito un ciclista que foi localizado inconsciente en Boiro

29 Xullo 2022

Coa axuda dun desfibrilador e mediante a masaxe cardíaca, a reanimación foi posible nun ciclista que foi localizado inconsciente a carón da súa bicicleta.

Ocorreu ás 21:30 horas en Quinteiro-Reboredo, tal e como indicaron as persoas que atoparon o ferido e, decontado, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios, como a atención sanitaria de urxencia e o apoio dos equipos de Bombeiros de Boiro e do Servizo Municipal de Protección Civil. 

Pola súa parte, a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, mentres que os bombeiros comezaron a realizar a masaxe cardíaca e aplicar o desfibrilador co que conseguiron recuperar o ciclista. Segundo indicaron, cando chegaron ao lugar dos feitos, o home entrara en parada cardiorrespiratoria.

De momento, descoñécese se o estado do afectado foi consecuencia dun accidente, non obstante, desde o 112 Galicia, solicitouse tamén a intervención dos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico co fin de realizar as investigacións correspondentes. 

Igualmente, a colaboración dos axentes foi esencial nas labores de aterraxe da aeronave, que puido pousarse mesmo a carón do ciclista.

A.D.C.Bomberos Boiro 

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuou esta tarde en grave accidente de ciclista en Reboredo, no Concello de Boiro. Colaborando con H3, 061, PAC Boiro, Policía Local de Boiro e SMPC Boiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...