Os operarios do Plan de Emprego Local (PEL) impulsado pola Deputación da Coruña, xunto cos propios operarios do Concello de Dodro, están a facer labores de roza nas aldeas seguindo o plan de traballo establecido polo concelleiro de Obras, Ramón Abuín, para acadar a limpeza de todos os núcleos no menor tempo posíbel

Quedaron limpas as pistas da aldea de Teaio e o seu interior, o camiño da igrexa de Bexo a Imo, campo da festa de Bexo, interior da aldea e camiños e o campo do bosque en Dodro. Tamén se limparon interiores de Pexegueiro e Imo. Sumaron mais de 12 quilómetros de pistas nesta semana que comezou o 11 de xullo.




