Política Social incrementou as prazas do Centro de Día da Pobra até chegar ás 30

05 Xullo 2022

A Consellería de Política Social que dirixe a ribeirense Fabiola García vén de ampliar as prazas de atención no Centro de Día público autonómico da Pobra do Caramiñal. En total, co incremento da dispoñibilidade chégase á cifra de 30 prazas.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este martes 5 de xullo as instalacións onde sinalou que con esta ampliación “increméntase a capacidade de atención deste centro que leva seis anos ofrecendo coidados, agarimo e atencións aos veciños da comarca do Barbanza”.

En concreto, poranse en marcha dez novas prazas que se suman ás 20 que xa estaban en funcionamento. Deste xeito, o investimento anual nestas instalacións ascenderá ata os 272.000 euros. Fabiola García puxo en valor “o traballo dos profesionais deste centro de día para mellorar a calidade de vida das persoas maiores da zona con terapias, actividades para unha vida activa e atención”.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...