Outes, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro fan do Barbanza a comarca de Galicia con máis sedes do encontro internacional de narración oral

05 Xullo 2022

O Barbanza, a rexión que concentra o maior número de sedes do Festival Atlántica, comeza este mércores a segunda quenda de espectáculos antes de poñer o ramo o vindeiro sábado 9 de xullo. En total os concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Outes acollerán once espectáculos, todos eles gratuítos, e a maioría en espazos de gran valor natural e patrimonial. Esta intensa programación de Atlántica no Barbanza é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña e á colaboración dos concellos participantes.

No que respecta á Pobra do Caramiñal, quédanlle aínda dous espectáculos. O primeiro deles será mañá, mércores 6 de xullo, cando o galego Celso Fernández Sanmartín tome A Portela para debullar as historias de ‘Catro aves escollidas son as que cruzan o mar’ (21 horas, público adulto). O sábado, 9 de xullo, será a colombiana Carolina Rueda quen ocupe o Adro do Castelo para compartir cos adultos os seus ‘Contos e sucedidos’ (21:30 horas)

Pola súa banda, en Ribeira a primeira función desta semana tamén será o mércores, 6 de xullo, cando recalen aló os ‘Músicos e contos da patera’ do galego Anxo Moure e dos marroquís Ayoub Kamouni e Aziz Belmajdoub (Praza do Concello, 21:30 horas, público adulto). Atlántica pechará a súa actividade en Ribeira cos galegos Santi Prego e Jorge de Arcos e ‘O teatro máis pequeno do mundo’ (Lavadoiro de Artes, 21:30 horas, adultos).

No concello de Boiro estará María da Pontragha o xoves 7 de xullo con ‘Donas do lugar’ e nun enclave moi especial: o Centro Arqueolóxico do Barbanza-Castro de Neixón (21:30 horas, público adulto). Ao día seguinte, venres 8 de xullo, será Félix Albo e as súas ‘Yayerías’ os que fagan gozar ao público adulto no Pazo da Torre de Goiáns (21:30 horas).

Para rematar, a programación de Atlántica en Outes pechará este sábado, 9 de xullo, coas ‘Yayerías’ do artista valenciano Félix Albo. Esta función concibida para público adulto será en Pontenafonso ás 21:30 horas.

UN MAR DE CONTOS

Mais Atlántica tamén vai desenvolver actividade noutros lugares espallados polas catro provincias galegas. Deste xeito, nesta edición tamén haberá actuacións nas localidades de Santiago de Compostela, Teo, Padrón, Alfoz, Cuntis, Dodro, Lalín, Mondoñedo, Sanxenxo, Ourense, Pazos de Borbén, Vigo, A Estrada, Campo Lameiro, Carnota, Chantada, Paderne, Zas, Ferrol e Mugardos ademais da Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Outes. Toda a información sobre os espectáculos e os artistas está dispoñible na web do festival.

FESTIVAL ATLÁNTICA

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo inicial era indagar nas raíces das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. Co paso do tempo este obxectivo ampliouse coa incorporación da rede de festivais do atlántico e a interacción do patrimonio inmaterial das historias co patrimonio material e cultural de Galicia. Na actualidade, Atlántica presenta unha identidade propia e singular que o converte nun referente dentro dos encontros de narración oral da Península Ibérica e da América Latina.

Outros artigos

O goberno de Outes presenta o proxecto de orzamentos para 2024

O goberno de Outes presentará este xoves 25 de abril o proxecto de Orzamentos de 2024 ao Pleno da Corporación municipal para a súa aprobación. Segundo destacou o alcalde, Manolo González, trátase duns orzamentos equilibrados e racionais e que pretenden atender as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...