Os seareiros galegos do SEAT 127 xúntanse este 31 de xullo na Pobra do Caramiñal

30 Xullo 2022

O Grupo 127 Galicia, que reivindica unha forma máis tranquila e divertida de viaxar ao tempo que poñen en valor o mítico e histórico modelo da casa SEAT, o 127, vai facer o vindeiro 31 de xullo unha quedada na Pobra do Caramiñal. Segundo nos conta Fran Santiago, membro do dito grupo, a cita será un xeito de conmemorar o 50º aniversario deste modelo. Á xuntanza asistirán participantes de diferentes puntos da nosa Comunidade e incluso Portugal, Asturias, etc.

Durante esta concentración, os clásicos estarán estacionados na praza Alcalde Segundo Durán e dende organización informan que haberá actividades como pequenas probas para que “os condutores demostren as súas habilidades”. Amais, haberá un photocall para toda a xente que queira achegarse, que se levará da xuntanza unha foto der recordo logo de ver e coñecer diferentes unidades e versións deste clásico popular do motor.

Máis datos no Facebook do Grupo 127 Galicia.

A quedada conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.