Os obradoiros de conciliación da Pobra contan coa participación de arredor de 130 crianzas

21 Xullo 2022

Arredor de 130 nenos e nenas participan nos obradoiros Móvete que un ano máis pon en marcha a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal na súa aposta de favorecer a conciliación das familias nesta época estival.

Outros dos obxectivos deste programa é “o fomento dos valores da convivencia e autoestima, a mellora das habilidades motrices básicas, contribuír ao desenvolvemento dunha autonomía persoal e o establecemento de relacións de compañeirismo e amizade”. Todo isto, seguindo unha metodoloxía de traballo activa, con vivencias lúdico-recreativas propias desta tempada e adaptadas a cada rango de idade. Por exemplo, nesta semana mergúllanse nas diferentes expresións artísticas (baile, música, teatro, pintura…) focalizándose este xoves 21 de xullo no baile e música tradicional galega, mentres que nos vindeiros días primará a temática medieval.

Este servizo ten como epicentro o CEP Salustiano Rey Eiras dende o día 23 de xuño ao 7 de setembro, coincidindo coas vacacións do verán dos/as escolares con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Para incrementa-las prestacións, tamén se achega o Servizo de Madruga e o comedor.

Ata as instalacións desprazouse este xoves a edil Charo Varela (Nós Pobra), quen manifestou que a conciliación constitúe “unha prioridade”, o cal se reflicte en que se oferta esta opción dende as 07.30 ata as 16.00 horas en tódolos días lectivos ata a véspera do inicio do curso escolar. Por esta razón, cualificou os obradoiros como “un servizo imprescindíbel” que se presta con tódalas garantías, entre elas, monitorado titulado. Xunto coa concelleira atopábase presente Loida Fernández, en calidade de coordinadora, para debulla-las distintas accións coas cales promove-la creatividade dos/as cativos/as e que coñezan referentes na contorna.

Se ben esta segunda quenda e a terceira xa teñen as prazas cubertas, aínda quedan ocos libres para a cuarta, co período comprendido dende o día 1 ata 7 de setembro, polo cal as inscricións se poden formalizar na oficina dos Deportes do Concello, situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...