Os corpos dos mariñeiros falecidos no “Albacora Cuatro” foron soterrados este sábado

01 Xullo 2022

Dous dos tripulantes do buque galego perderon a vida debido á inhalación de amoníaco tras producirse unha fuga nas illas Seychelles, polo que os médicos forenses víronse obrigados a atrasar as autopsias
Os corpos dos mariñeiros falecidos no pesqueiro galego Albacora Catro chegaron hoxe a Galicia.

Tal como informamos en “obarbanza.gal” o pasado 15 de xuño dous dos tripulantes do buque perderon a vida debido á inhalación de amoníaco tras producirse unha fuga mentres o barco estaba a ser reparado nas Illas Seychelles.

Os cadáveres foron trasladados a España, chegando a Madrid na madrugada deste venres. Desde alí, foron transportados ata Galicia por terra.

Os restos mortais de Francisco Cameán Santos, o mais mozo dos dous mariñeiros da comarca, foron soterrados en Santa Mariña de Xuño a onde foron trasladados ás sete e media da tarde desde o Tanatorio “Los Dolores” de Xarás en Ribeira.

Pola sua banda os restos mortais de Angel Boo Vidal, chegaron na madrugada do sábado o Tanatorio do Barbanza en Xarás, onde tivo lugar o velorio desde as 10 da mañá ata as 23 horas, procedendose a súa incineración nun acto familiar privado.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...