Dous mariñeiros faleceron este mércores tras rexistrarse unha explosión no Albacora Catro, un atuneiro vigués que estaba atracado nas illas Seychelles

Segundo informa a TVG, o pesqueiro é o Albacora Catro, que pertence á armadora Compañía Europea de Túnidos. Os falecidos, segundo a televisión pública galega, son o xefe de máquinas e o segundo oficial a bordo.

O Albacora 4 estaba amarrado no porto de Vitoria (Mahé), a capital do arquipélago. É o mesmo barco que foi secuestrado por piratas de Somalia durante varios días no ano 2000.
Polo menos dúas persoas faleceron trala explosión dun pesquero galego nas illas Seychelles. Fontes do sector aseguraron a Efe que os mortos son dous vigueses.

O Albacora Catro, un atunero de Vigo propiedade do grupo vasco, explotou mentres estaban realizando reparaciones no peirao dunha das illas do achipiélago.

Segundo as primeiras informacións, os mortos son o xefe de maquinarias e o primeiro oficial de máquinas.

Mentres estaban reparando o buque, ao parecer, produciuse unha fuga de amoníaco que produciu a explosión. O pesquero é da firma viguesa Compañía Europea de Túnidos.