Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Vilas, presentou unha pregunta para ser debatida en pleno relativa ao estacionamento da zona das Abesadas e ao estado no que se atopa na actualidade.
O PSOE lembra que en xullo do ano 2018 habilitouse o segundo aparcamento disuasorio na zona das Abesadas, no Agro de Prego, “cun importante desmonte de terra vexetal, suplida por restos de materiais de recheo de obras varias”. Daquela, recordan, realizouse un desvío do curso do río da Mámoa, dende a cara oeste ao lado este, “sen a debida licenza e sen as medidas preventivas axeitadas para dita acción”. A situación actual, critican, é que nos muros lindeiros están a aparecer descalces e roturas.
E engaden: “No mes de xullo do 2019, preguntábamos pola motivación da demora na execución das obras do aparcamento, e polo desvío provisional do río. Hoxe en día, as obras de acondicionamento de dito estacionamento están sen finalizar, con importantes achegas de restos de asfalto e cascallos, que ocupan un gran espazo da parcela, achicando a zona destinada aos vehículos; e sen voltar ao río da Mámoa a súa vertente natural”.

Na actualidade, critican, a maleza, as silvas e outro tipo de flora invade a beirarrúa do antigo Camiño de Fafián, causando malestar e incidentes ao vecindario.
Estes son os puntos incluídos na pregunta:
1.“Cando vai a estar habilitada dita parcela para aparcamento?”
2. “Cando se vai proceder a desviar o río ao seu cauce inicial?”
3. “Cando se vai a proceder á roza da parcela municipal que afecta a vía pública?”



