O programa Prazas en Movemento de Outes inclúe actividades deportivas para todas as idades nas prazas de Galicia e do Bosque

08 Xullo 2022

Ao abeiro do programa de actividades de lecer de verán para veciñas e veciños de todas as idades, o Concello de Outes organiza o programa de actividades deportivas Prazas en Movemento, con propostas variadas en diferentes recantos do concello, a desenvolver de luns a xoves. O luns o programa céntrase na praza de Galicia, con zumba para nenas e nenos a partir das 11.00 horas. O martes será na praza do Bosque, con pilates a partir das 10.00 horas, e na praza de Galicia, con zumba para adultos a partir das 21.30 horas. O mércores a protagonista será a praza do Bosque, con pilates a partir das 20.30 horas e full body a partir das 21.30 horas. O xoves haberá (na praza de Galicia) body jump para nenos a partir das 21.00 e body jump para adultos das 21.30 horas en adiante. En caso de chuvia, as actividades da praza de Galicia trasladaranse ao Pavillón de A Serra, e as da praza do Bosque ao Pavillón de Cruceiro de Roo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...