O persoal participante no Programa Integrado de Emprego de Boiro remata a formación de hostalería

19 Xullo 2022

As persoas participantes no Programa Integrado de Emprego (PIE) que leva a cabo o Concello de Boiro durante o curso 2021-2022 rematou a formación da familia profesional de hotelería, hostalería, alimentación e almacén. Ademais, realizáronse obradoiros de estudos de viabilidade e plans de empresa para achegar o emprendemento ás participantes do programa.

A formación dirixida neste eido empresarial constou de 425 horas formativas nas que se impartiron cursos de xestión de almacén, carretilla elevadora, limpeza e recepción de aloxamentos turísticos, cociña, elaboración de pezas cárnicas, operacións de caixa e atención ao público. Estas actividades pertencen ao Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego, desenvoltas no marco do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2021-2022 está dirixido exclusivamente a mulleres e está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Outros artigos

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...