O PBBI esixe ao Concello que aclare o custo exacto dos gastos ocasionados pola polémica licenza á estación de servizo de Xarás

11 Xullo 2022

O Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seo concelleiro e portavoz Vicente Mariño de Bricio, presentou unha moción relativa á estación de subministro de combustíbel situada nunha parcela en Xaras (na finca La Soledad), cuxa licenza de actividade (a Puntos Bajo Custo S. L.) foi concedida no seu día polo Concello, sendo máis tarde (en 2017) declarada a nulidade de pleno dereito da mesma, como consecuencia do incumprimento da normativa en vigor en materia de protección de montes (impúxose ao Concello o pago das costas á parte contraria por importe de 700 euros).

Vicente Mariño de Bricio, portavoz do grupo PBBI

O PBBI, que lembra que o recurso do Concello ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia foi desestimado igualmente en xuño de 2018 (e mesmo en casación, “que se rexeito de plano polo mesmo órgano, impóndose as costas ao Concello por 1.000, e 600 euros respectivamente”, recorda o PBBI), pon o foco en que estes feitos non fixeron máis que poñer de manifesto “as graves deficiencias que os tribunais estaban xa indicando en relación coa localización das instalacións e as irregularidades técnicas da estación de servizo”.

Malia isto, critican, “tramitouse un expediente de legalización de todo o actuado, co pretexto de efectuarse unha parcelación urbanística (sobre solo rústico) e argumentando que a finca onde se sitúa a unidade de subministro non habería, supostamente, sufrido as consecuencias dun previo incendio forestal”. Os feitos, segundo relata o PBBI, tiveron un novo capítulo en marzo de 2021, cando dende a Xunta de Goberno decidiuse conceder licenza de legalización das instalacións, e en 8 de xullo do mesmo ano, licenza de primeira utilización. “Con isto pretendíase eludir o cumprimento da sentenza que condenaba a este Concello a demoler as construcións erixidas”, critican dende a plataforma, facendo fincapé no acontecido o pasado 9 de maio de 2022, cando o Xulgado do Contencioso-Administrativo 1 de Santiago de Compostela, reprendeu formalmente ao Concello por “tentar forzar inxustificadamente o incumprimento da sentenza orixinal”, declarando que a licenza de legalización outorgada o pasado marzo de 2021 “é nula de pleno dereito”.

Por todos estes puntos, o Grupo Partido Barbanza Independente propón ao pleno o seguinte:

1º.- “Que se reprobe severamente a xestión do alcalde-presidente e o grupo de Goberno deste Concello en relación coa tramitación do expediente de licenzas a favor da entidade Puntos de Bajo Coste S.L., en relación coa xa executada obra, e que nestes momentos áchase carente de todo título habilitante que a ampare”.

2º.- “Que se aprobe esixir do alcalde-presidente desta Corporación que cumpra as decisións xudiciais e non empregue subterfugios para eludir as mesmas, pois nese caso puideren imporse multas coercitivas na súa contra, e a recado non serán pagadas do seu propio peculio, senón que farán nova suma cos pingües desembolsos xa realizados neste nefasto expediente”.

3º.- “Que se aprobe esixir ao alcalde-presidente desta Corporación que adopte as medidas oportunas para que polos servizos municipais competentes informen o custo exacto que os distintos procedementos xudiciais tramitados directa ou indirectamente en relación coas licenzas á mercantil Punto de Bajo Custe, S.L., reportasen para as arcas municipais”.

Outros artigos

Accidente na autovía de Barbanza deixa a unha muller ferida leve

Unha muller resultou ferida leve nun aparatoso accidente rexistrado esta tarde, ao redor das 18:30 horas, na autovía de Barbanza, á altura de Palmeira. Segundo as primeiras informacións, todo apunta a que un descoido puido ser a causa que provocou que a condutora...

+

Concentración en defensa da Sanidade pública en Ribeira

Este xoves 26 de marzo concentrouse nas inmediacións do Centro de Saúde un nutrido grupo de veciñas e veciños, profesionais sanitarios e membros do Goberno municipal, arroupando a nova concentración local convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...